Quienes somos. Arquitectos en Arbo 

www.arquitectoOurense.com. Estudio de arquitectura:





Llámenos al 635.256.189

Llámenos al 635.256.189

aceptamos tarjetas











| Más

Datos importantes del ayuntamiento de A Peroxa (OU)

El ayuntamiento de A Peroxa no dispone de convenio con la Agencia de Protección de la Legalidad Urbanística.

La superficie del municipio es de 54,5 kilómetros cuadrados, y su población de 2227 personas (datos de 2010).

La página web del ayuntamiento es www.concellodaperoxa.es

La dirección del ayuntamiento es: CONCELLO, 83. 32150 A PEROXA.

El teléfono de contacto del ayuntamiento es el 988206614 y el fax 988206619.

Los técnicos municipales son los siguientes: FRANCISCO JAVIER NEIRA GONZALEZ (P)

El horario de atención al público es el siguiente: XOVES, 9:00 - 14:00.

No dispone de oficina de rehabilitación hasta el momento.

Ha tenido 3 planes generales y 3 planes de desarrollo.

Últimas noticias del ayuntamiento de A Peroxa (OU)

DOG nº 61. Página 4.683. 18 de marzo de 2010.

 

Orde do 18 de marzo de 2010 sobre aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Peroxa (Ourense) relativa á regulación no solo rústico..

O Concello da Peroxa, conforme o disposto no artigo 85.5º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, remite o expediente de referencia solicitando a súa aprobación definitiva.

I. Antecedentes.
I.1. O Concello da Peroxa dispón actualmente vixente de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado definitivamente o 7 de xullo de 1999.

I.2. A tramitación da modificación puntual foi a seguinte:
-O Concello Pleno, en sesión do 10 de xullo de 2007, aprobou inicialmente a modificación puntual. Someteuse a información pública mediante anuncios publicados nos xornais La Voz de Galicia, do 27 de xullo, e La Región, do 28 de xullo; e no Diario Oficial de Galicia do 5 de setembro. Déuselle trámite de audiencia ao municipio limítrofe de Carballedo (Lugo), que o 12 de novembro de 2007 remitiu unha alegación.

-Consta informe favorable da Deputación Provincial de Ourense en materia de estradas provinciais (Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia).

-O 26 de outubro de 2007, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible acordou a non necesidade de someter a modificación ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

-O Pleno municipal, en sesión do 21 de xaneiro de 2008, aprobou provisionalmente a modificación puntual, rexeitando a alegación do Concello de Carballedo.

-O 16 de setembro de 2008, de acordo co artigo 85.5º b) da LOUG, a entón Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes acordou non outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual nº 2 do PXOM da Peroxa, sinalando unha serie de deficiencias que se debían corrixir.

-O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 4 de novembro de 2008, acordou retrotraer os trámites realizados e aprobou de novo inicialmente a modificación puntual, unha vez corrixidas as deficiencias sinaladas pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

-Esta nova aprobación inicial foi publicada nos diarios La Voz de Galicia e La Región o 19 de novembro de 2008, e no DOG do 26 de novembro de 2008, e déuselle trámite de audiencia aos concellos limítrofes, presentando unha alegación o Concello de Carballedo.

-Consta novo informe favorable da Deputación Provincial de Ourense do 3 de febreiro de 2009.

-Tamén se solicitou informe sectorial á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, sen que conste resolución ao respecto.

-O Pleno municipal, en sesión extraordinaria do 13 de maio de 2009, acordou rexeitar a alegación presentada polo Concello de Carballedo (Lugo) e aprobar provisionalmente a modificación puntual nº 2 do PXOM da Peroxa.

II. Consideracións e fundamentación.
II.1. Logo de analizar a documentación remitida polo concello, e á vista da proposta elevada pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, fanse as seguintes consideracións para os efectos da aprobación definitiva:

1. O ámbito que afecta a modificación puntual son as ordenanzas do solo clasificado como rústico, que comprende os artigos 106 a 111, ambos inclusive, do PXOM vixente.

2. O obxecto da modificación puntual é:
* Adaptar a normativa que regula o solo rústico no PXOM á LOUG.
* Revisar a distancia de protección das explotacións gandeiras aos núcleos de poboación.

3. A modificación establece no número 7 do artigo 106 as condicións de edificación que deben cumprir as rehabilitacións de edificacións tradicionais, sendo coincidentes coas sinaladas no artigo 40 da LOUG.

Corríxese o número 4 do artigo 106 referente á superficie máxima ocupada pola edificación en planta, sendo coherente a súa redacción coa do número 1º c) do artigo 42 da LOUG.

II.2. De conformidade co artigo 89 da LOUG e co Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal e das súas modificacións, correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

III. Resolución.
Visto canto antecede,
RESOLVO:
1º De conformidade co artigo 85.5º a) da LOUG, aprobar definitivamente a modificación puntual nº 2 do PXOM da Peroxa (Ourense) relativa á normativa do solo rústico.

2º Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3º De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas da modificación puntual aprobada definitivamente.

4º Notifíqueselle esta orde ao concello.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2010.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas

Volver a inicio




Si precisa alguna información acerca de solicitud de licencias en el concello de A Peroxa puede ponerse en contacto con nosotros en el teléfono: 635.256.189.

QUIENES SOMOS | MAPA DEL SITIO | L.O.P.D. | CONTACTE CON NOSOTROS | ©2007 arquitectoourense.com
 PROVINCIA DE OURENSE . a bola . a gudiña . allariz . a merca . a mezquita . a peroxa . a pobra de trives . arnoia . a rua . a teixeira . a veiga . avión . baltar . bande . baños de molgas . barbadás . beade . beariz . boborás . calvos de randín . carballeda de avia . carballeda de valdeorras . cartelle . castrelo de miño . castrelo do val . castro caldelas . celanova . cenlle . chandrexa de queixa . coles . cortegada . cualedro . entrimo . esgos . gomesende . larouco . laza . leiro . lobeira . lobios . maceda . manzaneda . maside . melón . montederramo . monterrei . muiños . nogueira de ramuín . o barco de valdeorras . o bolo . o carballiño . oimbra . o irixo . o pereiro de aguiar . orense . os blancos . ourense . paderne de allariz . padrenda . parada de sil . petín . piñor . pontedeva . porqueira . punxín . quintela de leirado . rairiz de veiga . ramirás . ribadavia . riós . rubiá . san amaro . san cibrao das viñas . san cristovo de cea . sandiás . san xoán de rio . sarreaus . taboadela . toén . trasmiras . verea . verín . viana do bolo . vilamarín . vilamartín de valdeorras . vilar de barrio . vilar de santos . vilardevós . vilariño de conso . xinzo de limia . xunqueira de ambía . xunqueira de espadañedo .